Resultados da 5ª xornada de liga da Conferencia NorOeste

Na quinta xornada de Liga da Conferencia NorOeste celebrada no pavillón da Escola Fogar de Carballo con chan de caucho quedou como gañador Óscar de Campo da Feira, subcampión Kevin de APB Santa Marta e terceiro Charly de Campo da Feira. Campiona feminina Merche, Campión infantil Abel e campión por equipos Campo da Feira.

Na clasificación xeral seguen a ocupar os tres primeiros postos 3 palanadores do equipo Campo da Feira de Paiosaco, aínda que hai cambio na primeira praza, polo que pasa encabezar a liga Collazo con 97 puntos, Juan Carlos baixa a segunda posición con 90 puntos e Xulio mantense na 3ª posición con 79 puntos, 4º Eduardo con 71 e Lois 5º tamén con 71, Merche 6ª con 68 ao igual que Cotelo no 7º posto, Charly 8º con 67, Kevin 9º con 65 e 10º Enrique con 64 puntos.

Na categoría feminina segue Merche na 1ª posición con 68 puntos e empatadas a puntos para o 2º e 3º posto están Cruz e Mariña con 37 puntos.

A clasificación infantil segue igual nas tres primeiras posicións, encabezaa Miguel con 52 puntos, seguido de Miklos con 43 e Abel con 42 puntos.

Por equipos tamén hai cambios na clasificación xeral. Segue na primeira posición Campo da Feira con 373 puntos, sobe á 2ª praza Malpica-Cochikeiros con 262, á 3ª posición ascende APB Santa Marta con 259 e baixa á 4ª praza Filloas de Sangue que queda con 237 puntos.

Podio

Podio 5ª.jpg

Campión: Óscar Ponte

Óscar1

Subcampión: Kevin

Kevin

3º posto: Charly

Charly

Campiona Feminina: Merche

Campiona feminina 5ª xornada 2018

Campión Infantil: Abel

Campión infantil 5ª xornada 2018

Campión por equipos: Campo da Feiracropped-equipo29.jpg

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s