A penúltima xornada de liga da conferencia Noroeste desputouse no campo de fútbol de Leiloio (Malpica).
O campión da xornada foi Eduardo, 2º Añón e 3º Óscar. Os tres do equipo Campo da Feira de Paiosaco. Campión infantil Abel, tamén de Campo da Feira e campiona feminina Merche de APB.
A falta de unha xornada para o remate da liga, os postos xa están bastante definidos.
1 | Collazo | 342 |
2 | Juan Carlos | 305 |
3 | Eduardo | 289 |
4 | Lito | 281 |
5 | Roi | 261 |
6 | Gándara | 251 |
7 | Kevin | 249 |
8 | Xulio | 249 |
9 | Lois | 242 |
10 | Cotelo | 229 |
11 | Enrique | 225 |
12 | Eladio | 216 |
13 | Óscar | 208 |
Collazo xa é campión dende a pasada xornada (o seu 5º campionato consecutivo na Conferencia NorOeste). Juan Carlos e Eduardo teñen bastante diferencia de puntos para manter a 2ª e 3ª praza.
A Conferencia Noroeste ten nove prazas para xogar nas finais de Compostela. No 9º posto está Lois con 242 puntos, aínda que Cotelo, Enrique, Eladio e Óscar teñen posibilidades matemáticamente de acadar a novena posición.
1 | Campo da Feira | 1330 |
2 | A.P.B. Santa Marta | 990 |
3 | Malpica Cochikeiros | 953 |
4 | Filloas de Sangue | 764 |
Por equipos, Campo da Feira xa é campión dende fai dúas semanas e e a segunda praza para as finais do 26 de maio está en xogo entre APB Santa Marta da Laracha e Malpica-Cochikeiros de Cerceda. O equipo larachés avantaxa en 37 puntos ao equipo de Malpica -Cerceda e van ter moi difícil de superar a APB.
1 | Merche | 205 |
2 | Cruz | 131 |
3 | Mariña | 95 |
4 | Aurelia | 62 |
5 | Carmela | 61 |
Na categoría feminina as dúas prazas para desputar as finais en Compostela xa son definitivamente para Merche (APB) e Cruz (Campo da Feira).
1 | Miguel | 182 |
2 | Abel | 179 |
3 | Marc | 113 |
4 | Lucas | 67 |
Na categoría infantil o 1º posto está moi igualado. Miguel Cancela sácalle tres puntos a Abel Ponte (os dous de Campo da Feira) e na última xornada de Ponteceso , nun campo moi complicado para xogar, pode pasar de todo.
1 | Collazo | 21 |
2 | Juan Carlos | 7 |
3 | Lito | 7 |
4 | Roi | 4 |
5 | Berdillo | 4 |
6 | Eduardo | 4 |
7 | Daniel | 4 |
8 | Kevin | 4 |
9 | Óscar | 3 |
10 | Abel | 3 |
11 | Iván | 3 |
Por último, na categoría de varados, o cuarto posto para desputar as finais de Compostela está moi igualado, con 8 palanadores con posibilidaes.